‘Salvamontes’, a campaña coa que Ecoloxistas en Acción recolle apoios contra o proxecto GS360 do Celta

Ecoloxistas en Acción lanza a campaña ‘Salvamontes‘ co obxectivo de buscar apoios contra o proxecto do Celta nos montes de Mos, o chamado proxecto GS360, por considerar que suporía a perda de mananciais de auga e causaría un dnao ao ecosistema. Deste xeito, o movemento ‘Salvamontes‘ nace como unha plataforma cidadá composta por persoas e asociacións comprometidas coa defensa e posta en valor da contorna natural, en particular dos montes, a través de información e actividades.

O ‘Salvamontes‘ arranca cunha nova web e unha animación para expor, de forma sinxela e didáctica, os problemas derivados do proxecto industrial, deportivo e comercial que promove o RC Celta nos montes de Tameiga. O seu punto de partida é contundente: “Construirías un estadio de fútbol nas illas Cíes?”.

A plataforma ‘Salvamontes‘ tamén denuncia o apoio que a Xunta de Galicia brinda a este proxecto tramitando a súa declaración como proxecto de interese autonómico que podería conlevar á expropiación do terreo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego