‘Saber Galiza’ continúa pola provincia da Coruña durante o mes de novembro

O filme documental ‘Saber Galiza. Seminario de Estudos Galegos‘ continúa a súa andaina dentro da xira ‘Outono das Artes’ que organiza o departamento de Cultura da Deputación da Coruña e este xoves, 12 de novembro, estará no concello de Vimianzo. O filme poderá verse ás 20 horas no Auditorio da Casa da Cultura.

O último pase para ver o documental que explora a historia do Seminario de Estudos Galegos será o vindeiro o 27 de novembro no Auditorio de Rianxo, na Sala Arcos Moldes (Teatro) ás 21 horas.

Todas as proxeccións contarán coa presentación e posterior coloquio coa directora do filme, Cristina de la Torre. Podes atopar máis información aquí.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego