Vía Rosalía nace como un espazo actual e en movemento. Neste primeiro capítulo, titulado Rosalía feminista, falan a revolución e a insurxencia.
A poeta Luz Fandiño vive a súa nenez e adolescencia baixo a represión da ditadura franquista. Vese obrigada a emigrar, primeiro a Bos Aires, e despois a París. A lectura e a escrita convértense para ela en liberdade. A música María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés, bebe da tradición musical galega e ten publicados sete discos que a levaron a xirar polo Estado español e países da América do sur. A forza e a enerxía das súas cancións consolídana como referente musical en galego. As dúas son artistas feministas e figuras importantes para a mocidade galega. Úneas unha forte amizade, respecto e admiración mútua. Ambas senten unha fonda paixón pola obra e o pensamento de Rosalía de Castro.
O Rabelo, coa forza do seu rap regueifeiro, encargouse de pór a banda sonora deste programa imprescindíbel. Acompáñanos até a Casa Rosalía e fica con nós durante esta interesante conversa.