‘Un ronsel de futuro‘ trata de achegar á poboación, a través do cine, toda a inmensidade dos catro museos que forman a Rede Museística Provincial de Lugo, dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo.
O Señor López Producións, da man de Brian Rodríguez e Rubén Pérez, levan a cabo este proxecto no que participan a propia xerente da institución Encarna Lago, artistas como Mónica Alonso e importantes persoas da nosa sociedade como Pilar Yáñez ou Mónica Álvarez, contando coa colaboración do Club Sénior do Museo do Mar, o Grupo de Teatro Antas de Ulla, Espazo Lupa así como o Colexio Público de Antas.
Percorrido da webserie
A webserie viaxou a diferentes localizacións da provincia de Lugo como O Cebreiro, Foz ou Samos así como os propios museos: o Pazo de Tor, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Museo Provincial de Lugo e Museo do Mar.
Logo de presentar o proxecto nos Cines Númax e en Bos Aires, da man da Universidade Nacional Tres de Febrero, a webserie documental preséntase cun formato espectáculo ao longo das diferentes comarcas da provincia de Lugo.
O vindeiro domingo 26 de novembro en Outeiro de Rei na Casa Museo Manuel María ás 12:30 horas. En vindeiras datas, presentarase en Barreiros, O Courel, Sarria, Meira, Lugo e outras localidades da provincia.