‘Ronsel, 100 anos despois’ reúne o catálogo da exposición e o material da icónica revista lucense

O Museo Provincial de Lugo acolleu a presentación do catálogo da exposición ‘Ronsel, 100 anos despois’, que documenta a exposición realizada polo centenario da histórica revista lucense e na que participou a deputada de Cultura, Iria Castro.

A publicación recolle o traballo realizado polo comisario José Manuel Bonet e por Anne Nikitik, promotora da Fundación VAC-AN, para crear o proxecto expositivo que puido verse no Museo Provincial de Lugo en outubro e novembro pasado para conmemorar a efeméride.

A publicación supón pois unha nova fonte de coñecemento e divulgación sobre a creación artística galega do primeiro terzo do século XX e a influencia das vangardas europeas na traxectoria de impulsores e colaboradores da revista como Evaristo Correa Calderón, Álvaro Cebreiro, Xesús Bal y Gay, Luis Pimentel -membros do equipo de redacción –, pasando polos tamen poetas Manuel Antonio, Francisco Luis Bermúdez, Eugenio Montes, polo pintor Cándido Fernández Mazas ou polo escultor Santiago Rodríguez Bonome.

O acto contou co acompañamento musical do guitarrista Samuel Díaz e do tenor Jonatan Alvarado que interpretaron un repertorio configurado a partir de referencias musicais e biográficas de colaboradores da revista, partindo das figuras de Jesús Bal y Gay e Gustavo Durán.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego