Tras o seu paso polos concellos de Vigo, Ferrol, Pontevedra, Moaña, Compostela, Monforte e Lourenzá, o Correlingua pechou a súa vixésimo terceira edición na Estrada baixo o lema ‘Na casa, na escola, bota a lingua fóra!’.
Na cita participou o alumnado de once centros educativos da zona. Estiveron os estudantes do CEIP de Oca, do Cabada Vázquez de Codeseda, do Villar Paramá de Vea, do Foxo, de Figueiroa e do Pérez Viondi. Tamén os do CRA de Caldas e do CPI Aurelio Marcelino de Cuntis. Non faltaron tampouco os mozos do IES Número 1, o Losada Diéguez e o Chano Piñeiro de Forcarei.
A carreira polo galego conta coa colaboración dos concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo, Ourense, Compostela e Coruña xunto coas deputacións de Lugo, Coruña e Pontevedra.