Máis da metade da poboación vive nas cidades onde se producen o 70 por cento das emisións de dióxido de carbono. Por iso, as urbes establécense como un foco de acción por parte de Greenpeace que vén de presentar o documental ‘REinventando Pontevedra’, realizado por Nós Televisión, co motivo do Día Internacional das Cidades.
Nesta peza, a veciñanza da cidade contan como é habitar unha urbe que reduciu o espazo ao vehículo privado para dar máis protagonista ás persoas que van a pé ou en bicicleta. Pontevedra colócase neste documental como un exemplo de sostibilidade. Este aspecto é altamente importante xa que o modelo urbanístico, enerxético e alimentario das cidades provoca importantes impactos sobre o clima e a biodiversidade.
En pleno debate sobre a falta de ambición para establecer Zonas de Baixas Emisións (ZBE) nas urbes españolas, a organización ecoloxista destacou Pontevedra “a única cidade galega que cumprirá o requisito de implantar o seu ZBE a tempo” por levar dúas décadas traballando en reducir o tráfico nas súas rúas.