As regueifeiras Joana, Nântia, Maré, Estrela e Duarte afondan na regueifa con Séchu Sende e, para iso, entran no Teatro Principal de Compostela onde a regueifa está máis viva ca nunca. Alí espéralles Lupe Blanco, a regueifeira máis premiada do país, e O Rabelo cuxo activismo se plasma nas súas improvisacións ben sexa na regueifa ou nas batallas de galos. Imos ao escenario a prender luz na regueifa!