A equipa de Nós Televisión proponvos tres reportaxes para esta fin de semana. As tres xiran sobre algo tan complexo como é a identidade. Anímaste a reflexionar con nós?
1 – O que somos nun casete
A importancia de conservar o patrimonio oral da nosa identidade. Mergullámonos na historia da recollida de cancións, refráns e conversas, desde Dorothé Schubart e Antón Santamarina até os nosos días.
2 – Galego de todes?
A linguaxe non debe ficar atrás do sentir das rúas. Nesta reportaxe reflexionamos sobre o papel da nosa lingua nunha sociedade a cada vez máis diversa e rica.
3 – Rocha Forte, desbrozar a nosa historia
En 1998 a veciñanza da Rocha “sublevouse” como fixeran os irmandiños en 1467 para sacar o castelo máis grande de Galicia de debaixo da herba. Canta da nosa historia ainda fica no esquecemento?