Recuperar o monte. Brigadas Deseucaliptizadoras.

As Brigadas Deseucaliptizadoras son unha iniciativa de voluntariado ambiental para eliminación de especies exóticas invasoras que iniciou o seu traballo en Froxán (Lousame) en abril de 2018. As Brigadas foron recoñecidas con numerosos premios e a inciativa é exemplo de loita contra o lume e a expansión de especies exóticas invasoras como o eucalipto e a acacia e divulgada a través de artigos científicos e medios de comunicación. O proxecto internacionalizouse coa participación en proxectos Erasmus+ financiados pola UE en colaboración con entidades portuguesas:
Vemo-nos no Monte 2021-2023 (coa Fundación Montescola e a Asociación À Escuta)
De Monte a Monte 2024-2026 (coa Fundación Montescola e a Asociación Veredas da Estrela)
Na actualidade conta cunha base de datos de 1500 brigadistas voluntarios que dan o seu apoio a iniciativas en terrenos nos que se queren eliminar estas especies.

Un documentario con guión e realización de Rafael Xaneiro, son de nenoescuro e producido por Verdegaia coa colaboración da Fundación Montescola e o apoio da Deputación da Coruña. 

Interveñen: Joám Evans, Javier Fernández, Beatriz Noya, Belén Albor, Agustín Outeiral, Rafa Saco, Jacobo Rodríguez, Xesús María Neira, Anabel Castro, Lucía Saborido, Ovidio Queiruga, Alba Blanco, Julieta Amuchastegui, Rocío Lozano.

Galiza, 2025

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego