#UniversoGalaxia

Receitas para encher o peito
R

Xoanqui Ameixeiras

Este é un libro para xente de bo comer, xente que non pode esquecer os sabores da súa infancia, nin aqueles pratos que xuntaban a toda a familia arredor dunha mesa. É un libro que recende a afumados, a caldeirada, a mar e a campo, onde se loa o produto por riba de todo, “o noso produto”, pero tamén unha cociña para saber aproveitar.

Xoanqui Ameixeiras quere transmitirnos e compartir o seu amor polo bo comer, que vén desde A Marola, aquela taberna da súa nai en Fene; unha cociña de tradición e de sabores de sempre. Unha cociña que está ben boa!

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.