#UniversoGalaxia

A receita do queixo lunar
A

Paloma de Toro é a autora do conto A receita do queixo lunar. A historia da queixeira Petroski, ilustrada por Nuria Díaz, convídanos a abrazar a diferencia e ensínanos a sabermos vivir nun mundo plural e diverso. Unha obra dirixida a todos os públicos. Especialmente pensada para aquelas persoas que desexan educar novos terrícolas para así construir un mundo mellor.

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.