O Estatuto de autonomía da Galiza de 1981 estableceu o galego como lingua oficial e iso requeriu a busca dunha normativa común. En vistas a isto, en 1979, Alejandrino Fernández Barreiro, responsábel do departamento de educación da Xunta Pré-autonómica, nomea Ricardo Carvalho Calero presidente da comisión encargada de establecer unhas normas lingüísticas para o uso administrativo da lingua galega.
Carvalho Calero, o primeiro docente universitario de Lingüística e Literatura Galegas, defendía os postulados reintegracionistas. A proposta normativa da Comisión de Lingüística presidida por Carvalho finalmente fracasa e en 1982 o Decreto Filgueira establece a normativa atual, que boa parte do galeguismo considerou unha decisión errada. Isto provocou unha insubmisión às nacentes normas oficiais do Instituto Galego da Lingua (ILG) – Real Academia Galega (RAG).
Em maio de 1981 o espazo reintegracionista organiza varias reunións en Santiago e decide constituír unha asociación (a Associaçom Galega da Língua, a AGAL) que terá como obxetivo «alcanzar unha substancial reintegración idiomática e cultural do galego, especialmente nas manifestaçóns escritas, na área lingüística e cultural que lle é propria: a lusofonía”.