A organización ecoloxista ADEGA advirte que só quedan sete días para acadar os fondos necesarios para poder recorrer o proxecto eólico Rodicio II nos tribunais que afecta ao Macizo Central e o Bidueiral de Montederramo. A recadación solidaria está a ser centralizada na campaña Ti podes paralos! de ADEGA onde cada quen pode facer a doazón a un proxecto concretou ou á caixa común.
No caso do concreto Rodicio II, precísanse 6.500 euros e lévase recadado o 66 por cento.