Que sucede en ENCE? A APDR pide investigar á fábrica de celulosa tras aumentar os cheiros na zona

Antón Masa, da APDR, denuncia a "nula preocupación pola cidadanía" de ENCE en declaracións a Nós Televisión

“Ence nunca di nada”, sostén o voceiro da Asociación pola Defensa da Ría (APDR), Antón Masa, en declaracións ao Espazo Aberto de Nós Televisión. Nos últimos días, o colectivo denunciou un incremento dos cheiros saíntes da fábrica de celulosa de Ence e dificultades para respirar entre a poboación.

A isto, súmaselle a morte dun banco de peixes na ría de Pontevedra da que se descoñecen as causas. Este martes a Garda Civil, coa información do Seprona en Pontevedra, dictaminou que a morte dos peixes foi “natural” segundo informa Europa Press. A APDR considera que a sociedade debe saber que sucede na fábrica de celulosa polo que esixe a apertura dunha investigación que achegue respostas.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego