More

    Que podes ver esta fin de semana en Nós Televisión?

    Visita a nosa canle de Youtube para acceder a documentarios, reportaxes, programas e entrevistas sobre a lingua e cultura galega

    A cultura galega e en galego, os movementos sociais e a música enchen a grella de Nós Televisión. Nao, as Tanxugueiras, SonDaRúa e Biribirlocke enchen, como todos os vnres, o espazo musical da noite dos venres no 119 de R.

    A noite do sábado traerá a Nós Televisión a figura de Lois Pérez, narrador oral, humorista e comediante. O domingo, a partir das 21 horas, poderás afondar na psicoloxía educativa grazas a Balea Vermella. Podes consultar toda a grella aquí.

    Youtube de Nós Televisión

    E se non es socia de R? Dámosche a benvida á nosa canle de YouTube! Aquí poderás atopar reportaxes, documentarios, entrevistas… que visualizar á carta no momento en que máis che preste.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego