A aversión ao inglés acontece porque un dos impulsos que leva unha persoa a defender o seu patrimonio lingüístico é unha actitude emancipadora, contraria a todo tipo de imposicións, e tamén contraria a supremacías culturais. Se existe unha lingua no mundo que estea a exercer a súa hexemonía, esa é o inglés. Agora ben, paradoxalmente, o inglés podería tornarse, se non o é xa, nun dos nosos mellores aliados.