O Club de Debate Alingua publica na súa canle de youtube unha serie de catro videotitoriais sobre comunicación non verbal e paraverbal nos que se ofrecen consellos prácticos á hora de debater ou falar en público. Para isto, recóllense aspectos como a aparencia, a postura corporal, a vestimenta, o ruído visual, o uso do atril, a importancia da mirada, o uso das mans, a pronuncia, o ritmo e a entoación da voz. Os vídeos, que contan co guión de Fabaloba, foron realizados por Nós Televisión.