Que botan esta fin de semana en Nós Televisión?

Como é habitual, a equipa de Nós Televisión ten preparada unha fin de semana de información e entretemento cultural para as persoas que seguen esta canle. O primeiro contido destacado chegará o sábado ás 12 horas da man dunha reportaxe #nósAFondo onde se abordará o proxecto da Casa da Lusofonía e as oportunidades abertas para a nosa lingua. Este contido estará dispoñible na canle de YouTube.

O mesmo sábado ás 21 horas dará comezo unha nova entrega do programa ‘Saúde e Terra. Voces da cultura galega‘ que realiza Xosé Bocixa para Nós Televisión. Desta volta, a convidada é a creadora e comunicadora Yolanda Castaño. O programa poderedes velo en simultáneo no 119 de R e na canle de YouTube.

O domingo é sinónimo de Espazo Aberto en Nós Televisión. Ás 21 horas poderás ver no 119 de R o semanal da lingua e cultura que preparada cada semana a equipa do Espazo Aberto. Desta volta, haberá momento para un percorrido polo youtube en galego, a lusofonía, as mellores reflexións de Yolanda Castaño e sempre recollendo algún dos últimos videoclips do panorama musical galego. Esta fin de semana queda con Nós Televisión!

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego