Que botan esta fin de semana en Nós Televisión?

A música entra de cheo en Nós Televisión na que será a última fin de semana deste mes de setembro. Este sábado, a partir das 12 horas, estreamos un novo programa de GZmúsica gravado en plenas festas de Vilaxoán. Poderemos ver a artistas como Verto ou Mounqup!

Entretanto, no 119 de R, poderemos gozar dos nosos sábados culturais. A partir das 21 horas, Cándido Pazó falaranos da obra de teatro ‘Fillos do sol’, recentemente recollida no libro co mesmo título, e escoitaremos ao youtubeiro e creador Neeumatiko.

A noite do domingo chegará coa nosa potencialidade lingüística da man de Eduardo Maragoto e Galego de todo o Mundo.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego