More

    Que botan esta fin de semana en Nós Televisión?

    Esta fin de semana chega con moita música, lingua e literatura para todas e todos os seguidores de Nós Televisión tanto na nosa canle de Youtube como na canle de Nós Televisión, no 119 de R.

    Lingua en Nós Televisión

    Dende este venres, podedes gozar dunha nova entrega de Galego de Todo o Mundo onde o seu presentador, Eduardo Maragoto, aborda a polémica xurdida a raíz dun dos programas do famoso #DígochoEu onde se recomendaba non utilizar a palabra ‘cartaz’.

     

    Cultura en Nós Televisión

    Este sábado á noite poderedes gozar dun especial sobre Antón Reixa no 119 de R. Non só emitiremos o seu paso polo programa Saúde e Terra senón que tamén afondaremos nas súas obras máis recentes.

    Música en Nós Televisión

    A música non abandona o 119 de R esta fin de semana e tampouco a canle de YouTube onde podedes a topar o último programa elaborado por GZmúsica xunto unha lista de reprodución cos últimos traballos feitos por esta equipa. Todo está pensado para que teñades unha fin de semana completa de cultura, (in)formación e entretemento!

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego