Proxecto Nós, o galego na intelixencia artificial

A primeira voz de síntese en galego acompáñanos polas instalacións deste proxecto pioneiro

A intelixencia artificial fala en galego e, nesta reportaxe, tamén ten nome propio. Chámase Celtia, é a primeira voz de síntese en galego elaborada a partir de redes neuronais. Creouse ao abeiro do Proxecto Nós onde naceron dúas tecnoloxías máis: o primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia e o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto.

Coa axuda de Celtia, entramos nas instalacións do Proxecto Nós para saber como funciona esta iniciativa pioneira liderada pola Xunta de Galicia co traballo de entidades tan prestixiosas como o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) da Universidade de Santiago de Compostela ou o Instituto da Lingua Galega (ILG).

Logo de coñecer ás traballadoras e traballadores do Proxecto Nós, reflexionamos sobre as oportunidades que o galego pode ter na lingua portuguesa e os camiños de futuro que a intelixencia artificial abre para a nosa lingua. Que a intelixencia artificial en galego vos acompañe!

Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego