Proxección no Teatro Colón da Coruña do documentario sobre o Circo de Artesáns realizado por Nós Televisión

O documentario  ‘O Circo de Artesáns. Ateneo de Galicia‘, realizado por Nós Televisión para esta entidade, será proxectado este martes 5 de xullo, no Teatro Colón da Coruña ás 20 horas. Para asistir ao evento, podes recoller a túa entrada de balde na sede do Circo de Artesáns, na rúa San Andrés, número 36, ou no mesmo día -a partir das 19 horas- no propio Teatro Colón. Ademais da proxección do documentario, as persoas que asistan á cita poderán gozar da actuación de Cantigas da Terra.

O documentario percorre a historia desta Sociedade que foi e segue a ser moi importante na historia e na cultura galega, ao longo dos 175 anos de vida que ten xa.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego