Estreamos o documental ‘Promover o galego dende o local. Ames’

Nós Televisión estreamos novo documental sobre a lingua, ‘Promover o galego dende o local’, con dirección e guión de Ana Viqueira e co financiamento do Concello de Ames.
O audiovisual é unha produción de Nós Televisión que aborda as diversas iniciativas que o Concello de Ames desenvolve para promover o uso do noso idioma tendo como eixos principais o proxecto ‘Modo galego, actívao!’ realizado en colaboración coa Real Academia Galega, o Certame Literario, o proxecto Galetiktokers, e os Premios Lingua e Empresa. A peza conta coas voces do alumnado e profesorado de 4º de primaria do CEIP de Barouta, de Henrique Monteagudo, Alonso Caxade, Andrea Porto, Branca Trigo, Nuria Grandío, Rodri Míguez, Julio de la Iglesia, Raquel Arias, Carmen Porto, Ana Belén Paz, Pilar Villaverde, María Cebey, Carlota Mera, Rosa Moreiras ou o Alcalde de Ames, Blas García.
Ficha técnica
Duración: 37 minutos. Produción executiva: Rosabel Candal e Diego Frey. Dirección e guión: Ana Viqueira. Realización: Martín Rodríguez e Diego Frey. Axudante de realización: Manuel Expósito. Edición e Montaxe: Martín Rodríguez. Produción: Ana Viqueira. Axudante de produción: Rosabel Candal. Deseño de grafismos e creatividades: Roi Barros. Operadores de Cámara e iluminación: Pio Cribeiro, Roi Barros, Martín Rodríguez e Manuel Expósito. Dron: Pio Cribeiro. Locución de voz en off: Xiana Arias.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego