Programas e documentais de Nós Televisión para ver neste Nadal 2023

Chegan as festas de Nadal e desde Nós Televisión querémosvos lanzar unha proposta de contidos audiovisuais que vos poden acompañar nestes días de xuntanza e celebracións.

1 – A Galiza pertence à Lusofonia? – Galego de Todo o Mundo

Este vídeo, que alcanza máis de 17.000 reproduccións, analiza a presenza e o papel de Galiza na lusofonía da man de Eduardo Maragoto. O contido suscitou un debate lingüístico e social na propia canle de youtube de máis de 500 comentarios.

2 – Aida Tarrío: “A sonoridade de Tanxugueiras estaba nas nosas cabezas pero non sabiamos expresala”

Neste Rostros do País, a Tanxugueira, Aida Tarrío fala de feminismo, das músicas de raíz, da relación entre as compañeiras do grupo e mesmo do Luar nunha entrevista que pasa das 5.000 reproduccións.

3 – Manoel Vello. A Grandeza das cousas pequenas

Pola memoria de Manuel Vello, falecido a finais de 2022, Nós Televisión produciu este documental, dirixido e realizado por Xosé Bocixa, como forma de renderlle homenaxe a unha persoa que sempre apoiou de forma activa e decidida os medios de comunicación en galego.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego