A webserie Pringadas, dirixida por Belén Piume, xa se pode ver no catálogo da plataforma dixital Filmin. Pringadas, unha comedia xuvenil que retrata os problemas e vivencias da Xeración Z, foi finalista dos XXI Premios Mestre Mateo e no seu paso polo Carballo InterPlay, no ano 2021, obtivo o premio a mellor proxecto de webserie.
Pringadas xira arredor de tres rapazas compañeiras de piso en Santiago, encarnadas por Carmela Vázquez, Camila Ferreyra e Lara Álvarez.