Nas últimas décadas teñen proliferado os libros que pretenden combater os preconceitos lingüísticos, atribuídos normalmente á ignorancia ou a unha mentalidade arrastrada de réximes políticos anteriores. Iglesias Álvarez, Garcia Negro, Xosé-Henrique Costas, Nunez Singala, Freixeiro Mato, Teresa Moure, e asinaturas de fora con grande influencia nestes autores, como Jesús Tusón, Carme Junyent ou Moreno Cabrera, responsabilízannos en grande parte da crise de linguas minoritarias como a nosa.