Hoxe tivo lugar a tradicional poxa das uñas en San Lázaro, que se enmarca nas festas patronais deste barrio compostelán. Neste evento, a veciñanza congrégase para poxar por pés de porco e por outras pezas deste animal.
A poxa contou coa presenza do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, que explicou o motivo polo que o concello é este ano o promotor da Festa da Uña e tamén sinalou que partiparía na poxa. O alcalde estivo acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, cuxa concellería facilitou a celebración desta festividade en San Lázaro. Ademais, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil prestou nestes días un servizo de especial atención a este barrio.