Nós Televisión abre un novo ano cos maiores desexos de continuar contribuíndo a un audiovisual de calidade e na nosa nosa lingua. Nós Televisión comezaba o seu camiñar en 2013 e hoxe, máis de dez anos despois, continúa sendo a única televisión privada que emite programación en galego de forma ininterrompida. Ao longo destes anos, o proxecto televisivo consolidou a súa aposta pola lingua e cultura galegas a través da realización de documentarios, entrevistas, reportaxes e programas que colocan a Galicia no centro. Desexámosvos unhas felices festas e moito, e moi bo, audiovisual galego!