Pontevedra xuntará o 3 de xullo ás principais expertas e expertos do cómic

O próximo 3 de xullo, a partir das 10.00 horas, celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra o Seminario de Banda Deseñada e Educación onde intervirán as principais expertas e expertos do cómic a nivel estatal, os galegos Miguel Anxo Prado e Kiko da Silva, Teresa Valero, Paco Roca e Álvaro Pons.

As xornadas están organizadas pola ‘Asociación para el desarrollo educativo y cultural’, o Ministerio de Cultura, as Universidades de Valéncia e Vigo, o Concello de Pontevedra e a escola O Garaxe Hermético, onde hai pouco máis dun ano a equipa de Nós Televisión entrou para saber máis sobre a formación das profesionais do cómic.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego