Pontevedra acollerá este sábado a entrega dos Premios Mil Primaveras

A entrega de galardóns da terceira edición dos Premios Mil Primaveras, organizados pola Coordinadora de Traballdores/as de Normalización da Lingua (CTNL) terá lugar este sábado, 11 de xuño, ás 11.30 horas na Igrexa do Convento de Santa Clara de Pontevedra.

No acto, que será conducido pola narradora María da Pontragha, entregaránse os premios aos proxectos Do berce á rúa, como proxecto estabilizado, CantáMOLA en galego, como proxecto novo, Twitter en galego e Instagram en galego, pola súa comunicación e impacto, Somos xogo, como programa máis innovador, Dicionario galego para boomers, como proxecto destinado á infancia e á mocidade e Media Laranxa, como proxecto dun ámbito sectorial.

Premios Mil Primaveras

Estes galardón, que carecen de dotación económica, recoñecen as accións que promoven e impulsan a lingua galega outorgando unha peza artística elaborada en madeira e folla de millo por As Lolas da Cascarilla. Os Premios Mil Primavera, promovidos e organizados pola CTNL, conta co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra.

 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego