Ponte nas Ondas…! xa é Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO

Logo dunha intensa campaña, o proxecto ‘Ponte nas Ondas…!’ conseguíu hoxe entrar no rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO que considera que a “integración da cultura intanxible no sistema educativo é outro resultado efectivo e factíbel do proxecto”.

Tanto é así que Ponte nas Ondas, que coida do patrimonio galego-portugués, naceu como a unión de escolas veciñas de ambas beiras do río Miño para celebrar a inauguración da ponte entre Salvaterra de Miño, en Galiza, e Monção, Portugal. Aquela primeira experiencia de radio transfronteiriza que tivo lugar o 29 de marzo de 1995 foi medrando, expandíndose a máis escolas galegas e portuguesas. O proxecto que uníu territorios xa une mesmo xeracións.

O proxecto Ponte nas Ondas coida do patrimonio cultural inmaterial galego e portugués, un traballo que, desde este 1 de decembro de 2022, é recoñecido como Boa Práctica pola propia Unesco. Nesta reportaxe, viaxamos polo territorio galego para descubrir o seu funcionamento.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego