O 29 de marzo de 1995 nace Ponte nas Ondas unindo Salvaterra e Monção, Galicia e o norte de Portugal. Vinte e sete anos despois, Ponte nas Ondas segue máis viva ca nunca sintonizando coas escolas das dúas marxes do río Miño.
Esta ponte radiofónica non só une pobos senón tamén xeracións. O proxecto Ponte nas Ondas coida do patrimonio cultural inmaterial galego e portugués, un traballo que podería ser recoñecido neste 2022 pola propia Unesco. Viaxamos ata as terras arraianas e ameas para descubrir o funcionamento deste proxecto que aposta pola radio e a unión entre os pobos galego e portugués.