‘Ponte nas Ondas’ celebra o Día Internacional do Patrimonio

‘Ponte…nas ondas!’ celebra este mércores, 16 de novembro, o Día Internacional do Patrimonio co acto de entrega dos premios do 5º Certame ‘As Imaxes do Patrimonio’ ao que asisten representantes institucionais e os premiados dos centros educativos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este ano a celebración realízase no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valadares en Vigo, ás portas da inscrición do modelo Ponte…nas ondas! no rexistro das boas prácticas da UNESCO.

Candidatura Unesco

Ponte… nas Ondas!, a candidatura conxunta da Galicia e Portugal que aspira a entrar no Rexistro de Boas Prácticas de Salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial da Unesco, vén de superar o último trámite necesario previo á súa inscrición. O órgano de avaliación acaba de emitir informe favorable, polo que recomenda que a proposta sexa inscrita, algo que se decidirá no 17 Comité Intergubernamental que se celebrará en Rabat do 28 de novembro ao 3 de decembro. Podedes saber máis deste proxecto a través desta reportaxe elaborada pola equipa de Nós Televisión: 

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego