Este luns ás 20 horas no Centro Ágora iniciará a décimosexta edición do ciclo Poetas Di(n)versos da man does poetas Radu Vancu (de Sibiu) e Xabier Xil Xardón (de Xinzo de
Limia).
Este ciclo, organizado polo Concello en colaboración coa poeta e Premio Nacional
de Poesía 2023 Yolanda Castaño, está consolidado como a única cita estable de
España que acolle poetas internacionais mes tras mes.
Esta edición, que contará con poetas chegados dende As Pontes ou Ferrol, Iraq ou Cataluña, iníciase co romanés Radu Vancu e o limiao Xabier Xil Xardón. O galego, Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, leva case dúas décadas intervindo en recitais, volumes colectivos e combinacións de poesía, audiovisual e artes escénicas.
Pola súa banda, o prolífico e multipremiado autor nacido en Sibiu (1978) é tamén ensaísta, tradutor, antólogo, profesor universitario, redactor xefe da revista literaria Transilvania e editor de Poesis International.
Á cita de outubro seguiralle o recital da consagrada autora en lingua árabe Duna Ghali e da
premiada co Miguel Glez.-Garcés e o Premio Afundación de Poesía, Medos Romero. A iraquí e a pontesa compartirán escenario do Ágora o luns 4 de novembro.
Para rematar o ano e os primeiros tres meses de lecturas, o luns 23 de decembro tomarán o relevo o ferrolán Mario Regueira, un dos críticos literarios galegos de maior relevo ademáis de poeta e narrador, e unha das voces máis fulgurantes e prometedoras da nova literatura catalá, Pol Guasch.
Todas a lecturas ofrecerán folletos coleccionables coas bios e poemas das persoas convidadas e emitiranse igualmente por streaming.