Queremos Galego convoca para este venres, 25 de febreiro ás 18:00 horas na Praza de Cervantes un Acto comarcal contra a Emerxencia Lingüística, dentro do proceso Lingua Vital xa!
O evento incluirá poesía con Sechu Sende, Branca Trigo e Pablo L. Fontenla; demostración de regueifa con As Regueifinhas da Semente; e a actuación musical de Roberto Sobrado. Intervirá o voceiro de Queremos Galego, Marcos Maceira.




