Pilar Pallarés, autora destacada pola AELG neste mes de abril

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) destaca neste mes de abril á poeta Pilar Pallarés. A autora, nada en Culleredo en 1957, estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e ten colaborado en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada. Pertenceu ao colectivo poético De amor e desamor.

Vídeo da AELG

Tras a publicación do seu primeiro libro, ‘Entre lusco e fusco‘ (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. En 2018 publica ‘Tempo fósil‘ coa editorial Chan da Pólvora co que obtivo o Premio da Crítica española (2018) e o Premio Nacional de Poesía (2019). Unha das súas últimas obras é ‘Unha boa gatucada!‘, unha obra infanto-xuvenil publicada por Baía en 2023.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego