Galicia amenceu este xoves de loito tras coñecerse o falecemento de Xosé Luís Méndez Ferrín aos 88 anos de idade. A perda do que foi presidente da Real Academia Galega (RAG), un dos autores máis determinantes da literatura contemporánea, e un histórico militante do nacionalismo galego e a prol dos dereitos da clase traballadora, provoca unha fonda conmoción entre escritores, editores, académicos e representantes sociais e políticos, que lamentan o seu pasamento.
Méndez Ferrín marcou varias xeracións e o seu falecemento súmase á sensación de orfandade que atravesa o país neste outono, apenas un mes despois da morte de Xosé Manuel Beiras.



