A MICE, o festival de cinema que organiza o Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela celebrará a décimo novena edición do 20 ao 26 de marzo de 2024 baixo o lema “pensar o político desde unha abordaxe etnográfica“. Segundo a organización, ponse o foco na riqueza que a ollada etnográfica pode achegar á análise política, nunha forma de aproximación ás categorías e prácticas do mundo vinculados co educativo, co económico ou co relixioso; a dimensión cotiá na política, é dicir, os espazos onde se viven e se crean as significacións ao redor do político e nos que se tecen prácticas e relacións; os vínculos e a súa deriva entre suxeitos e Estado; os rituais do político ou o poder simbólico da política.
O prazo de inscrición para os filmes que queiran optar a facer parte da sección oficial estará aberto ata o 10 de xaneiro de 2024. O festival conta con catro premios aos que optan todos os filmes seleccionados e un premio específico para as películas galegas.