2º capítulo de ‘Luz, Cinza e Pedra’ centrado na Península da Torre da Coruña

‘O silencio das sombras’ é o título do segundo capítulo da serie ‘LUZ, CINZA E PEDRA, Cartografía da memoria coruñesa’ a nova serie audiovisual producida e realizada por Nós Televisión co apoio do Concello da Coruña, dirixida por Iago Prada e coa participación de asociacións e persoas que traballan pola recuperación da memoria da cidade.

A serie está composta por 3 capítulos de vídeo, para arroupar a reivindicación de que a Casa Museo Casares Quiroga (Cap.1) a zona da península da Torre, Punta Herminia e Campo da Rata (Cap.2) e a Casa Cornide (Cap.3) sexan declarados Lugares de Memoria Democrática.

FICHA TÉCNICA da serie LUZ, CINZA E PEDRA, CARTOGRAFÍA DA MEMORIA CORUÑESA

Unha serie audiovisual documental producida por Nós Televisión co apoio do Concello da Coruña.

Produción executiva: Rosabel Candal e Diego Frey

Escrita e dirixida por Iago Prado

Coa participación de Alfredo Vigo, Ana Romero, Carlos Babío, David Lozano, Felipe Peña, María Lopo, Rubem Centeno, Xosé Alfeirán, Gonzalo Castro e Inés Rey.

Dirección de fotografía: Raquel Sánchez Matos

Operador de cámara: Martín Regueiro Díaz.

Voz en off: Xiana Arias.

Edición: Iago Prada.

E a colaboración de Concello da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga, ARMH, CRHM, Instituto Cornide e Roda Audiovisual.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego