A Intelixencia Artificial está marcando un punto de inflexión na evolución de tódalas linguas. O galego atópase nese proceso de incorporación a este novo mundo tecnolóxico tendo á lingua portuguesa como gran aliada.
O camiño do galego na IA tamén se está a abordar dentro do proceso de actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Por todo isto, falamos cunha das referencias neste traballo, Pablo Gamallo, lingüistica, investigador do CITIUS e un dos responsables do Proxecto Nós que traballa no desenvolvemento de recursos para o desenvolvemento de IAs en galego.