Paula Carballeira, a autora homenaxeada pola AELG neste mes de xuño

A Asociación de Escritores e  Escritas en Lingua Galega (ALEG) destaca neste mes de xuño á autora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.

Carballeira está licenciada en Filoloxía pola Universidade de Compostela e cun curso de Especialización en Arte Dramática (Teoría e Práctica da Interpretación) na mesma universidade.

Como dramaturga, recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática do ano 2023, o Premio Follas Novas na categoría de Teatro no ano 2023, o premio Laudamuco de Textos Teatrais no ano 2022, o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil os anos 2006, 2011 e 2018, foi Mención do Xurado no III Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural e finalista do Premio ASSITEJ (Sección española da Asociación Internacional de Teatro para a Infancia e a Xuventude).

Ten máis de trinta libros publicados (álbum ilustrado, narrativa, poesía, teatro, ensaio) moitos deles traducidos a varias linguas: inglés, italiano, coreano, turco, alemán, chinés, portugués, catalán, éuscaro… algúns deles premiados e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.

Como narradora oral, foi convidada aos principais festivais e eventos de narración oral nacionais e internacionais. Como actriz, é integrante da compañía Berrobambán e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego