Parabéns ás premiadas nos III Premios Mil Primaveras da CTNL

O xurado da III edición dos Premios Mil Primaveras, organizados pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), decidiu recoñecer nesta convocatoria ás seguintes iniciativas: Do berce á rúa (como proxecto estabilizado), CantáMOLA en galego (como proxecto novo), Twitter en galego e Instagram en galego (pola súa comunicación e impacto), Somos xogo (como programa máis innovador), Dicionario galego para boomers (como proxecto destinado á infancia e mocidade) e Media Laranxa (como proxecto dun ámbito sectorial).

Desde Nós Televisión queremos parabenizar a todas as premiadas e desexar longa vida ao noso idioma e a todas as iniciativas que, coma esta, traballan día a día para que o galego poida gozar de mil primaveras máis.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Toda a información sobre os proxectos gañadores e a edición do certame na propia web dos premios.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego