#UniversoGalaxia

Palabra de bruxa
P

Andrea Barreira Freije

Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo.

Berenice, a última muller da casa das Xanas, vai ser xulgada. Xúlgase o seu xeito de vida, o seu ser. Xúlgase a ela e ás mulleres que a precederon. A ela e ás mulleres que comparten a súa forma de entender e estar no mundo.

Mercar libro

#UniversoGalaxia

Ninguén mellor que o autor ou autora para dar a coñecer a súa obra literaria. Con esta idea Nós Televisión comeza un novo espazo que traerá á nosa web e á grella as principais novidades da Editorial Galaxia, a factoría de libros que naceu en 1950 coa arela de defender e difundir a lingua e a literatura galegas.

(Fonsagrada, 1986) é graduada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e especialista en comunicación medioambiental, social e internacional. Na actualidade continúa a súa formación e está a estudar Pedagoxía. En 2015 publicou Non hai luz sen escuridade (Urco Editora), unha novela de xénero fantástico para público xuvenil. Para adultos ten relatos en antoloxías colectivas Contos do Sacauntos, Romasanta o criminal (Urco Editora). Lendas de Gallaecia, Segunda Era e Encontros na Terceira Fase (Contos Estraños), Tebras na Alma (autoedición), e Contos de Verán (Redelibros). Actualmente, imparte obradoiros de narrativa para adolescentes e adultos en Gestión cultural-Taller Abierto (Pontevedra). Ademais dá obradoiros de escrita creativa, é redactora na web Galicia Enteira e forma parte da plataforma de crítica literaria feminista A Sega, que visibiliza o traballo das escritoras. Palabra de bruxa