A profesora e investigadora Carme Fernández Pérez-SanJulián e a escritora María López Sández conversan sobre Ramón Otero Pedrayo, o patriarca das nosas letras.
Otero Pedrayo é unha das figuras máis senlleiras e prolíficas da cultura galega do século XX, cuxa inmensa produción literaria e ensaística definiu a identidade do país. Por iso, falarmos do patriarca das letras é falarmos da construción da Galicia moderna, do seu compromiso coa lingua, do dinamismo do Grupo Nós, do seu labor na oratoria e do legado intelectual que segue a guiar as novas xeracións de creadores e estudosos.
Esta conversa forma parte da serie ‘Os camiños de Otero Pedrayo’, gravada na súa Casa Museo, en Trasalba (Amoeiro, Ourense), co apoio da Fundación Otero Pedrayo e o financiamento da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e da Cátedra Institucional Ramón Otero Pedrayo da Universidade de Santiago de Compostela.



