Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, profesor da Universidade da Coruña, e Emilio Ínsua López, escritor e investigador, conversan sobre Ramón Otero Pedrayo desde o punto de vista de toda a súa aportación á política galega. A conversa forma parte da serie ‘Os camiños de Otero Pedrayo’, gravada na súa Casa Museo, en Trasalba (Amoeiro, Ourense), co apoio da Fundación Otero Pedrayo e o financiamento da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e da Cátedra Institucional Ramón Otero Pedrayo da Universidade de Santiago de Compostela.



