O secretario xeral da Lingua da Xunta, Valentín García Gómez, e a secretaria da Fundación Otero Pedrayo, Patricia Arias Chachero, conversan sobre Trasalba.
Trasalba é a parroquia do concello lucense de Amoeiro sobre a que sitúa o lugar Cimadevila, onde hoxe atopamos o Pazo Museo de Otero Pedrayo que no seu tempo foi a casa de Don Ramón. Por iso, falarmos de Trasalba é falarmos do Otero máis íntimo, do seu fogar, do lugar no que reuniu compañeiros e o Pazo que deixou en legado.
Esta conversa forma parte da serie ‘Os camiños de Otero Pedrayo’, gravada na súa Casa Museo, en Trasalba (Amoeiro, Ourense), co apoio da Fundación Otero Pedrayo e o financiamento da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia e da Cátedra Institucional Ramón Otero Pedrayo da Universidade de Santiago de Compostela.



