Estes son os tres contidos máis vistos na nosa canle de YouTube durante o mes de xaneiro

Que contidos foron os máis vistos durante o pasado mes de xaneiro na canle de YouTube de Nós Televisión? Traémosche os tres vídeos máis vistos:

1 – Galego de todo o mundo: ‘O galego explicado no Brasil’

O profesor Eduardo Maragoto explica as razóns polas que no Brasil entenden mellor o galego que o portugués falado á outra beira do Miño.

2 – Saúde e Terra, Xabier Díaz!

O primeiro programa de ‘Saúde e Terra! Voces da cultura galega’ arrasou na súa estrea. O seu protagonista: Xabier Díaz.

3 – Saúde e Terra, Xurxo Souto!

O programa realizado por Xosé Bocixa consolida o seu éxito ao bater unha nova marca de audiencia co ‘Saúde e Terra’ con Xurxo Souto.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego