O investigador Cástor Castro Vicente e o historiador Afonso Vázquez-Monxardín protagonizan o cuarto capítulo da serie Os Trazos de Risco, producida e realizada por Nós Televisión para conmemorar o 140 aniversario do nacemento deste autor.
Nesta nova conversa, Castro Vicente e Vázquez-Monxardín abordan a figura de Risco desde o punto de vista da súa espiritualidade. A súa relación coa maxia, as súas crenzas, a súa perspectiva o redor do demo e moito máis é abordado neste programa gravado no Teatro Principal de Ourense.
Feita co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingúística da Xunta, da Deputación de Ourense e da Fundación Vicente Risco, os Trazos de Risco está formada por 5 capítulos. Isabel Risco e Luís Martínez Risco; Valentín García e Celia Pereira; e Patricia Arias Chachero e Iria-Friné Rivera Vázquez; e Serxio María Rodríguez Álvarez e Bieito Iglesias son as outras parellas que protagonizan as demais conversas, enfocadas no lado máis familiar e biográfico de Vicente Risco, na súa figura desde o punto de vista institucional, na súa arte e na súa teoría política.