Os Trazos de Risco (Cap.3) – Vicente Risco e a política – Bieito Iglesias e Serxio María Rodríguez Álvarez

O escritor Bieito Iglesias e o historiador Serxio María Rodríguez Álvarez protagonizan o terceiro capítulo da serie Os Trazos de Risco, producida e realizada por Nós Televisión para conmemorar o 140 aniversario do nacemento deste autor.
Nesta conversa, Iglesias e Rodríguez Álvarez abordan a figura de Risco desde o punto de vista da política e do seu pensamento. A súa coherencia e evolución teórica e vital, a importancia deste pensador para o nacionalismo, as súas posturas máis polémicas e o debate sobre a súa posición no franquismo son abordados neste programa gravado no Teatro Principal de Ourense.
Feita co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingúística da Xunta, da Deputación de Ourense e da Fundación Vicente Risco, os Trazos de Risco está formada por 5 capítulos. Isabel Risco e Luís Martínez Risco; Castor Castro Vicente e Afonso Vázquez-Monxardín; Valentín García e Celia Pereira; e Patricia Arias Chachero e Iria-Friné Rivera Vázquez son as outras parellas que protagonizan as demais conversas, enfocadas no lado máis familiar e biográfico de Vicente Risco, na súa espiritualidade, na súa figura desde o punto de vista institucional e na súa arte.

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego